Contratación obra "Ordenación exterior de escola infantil de Tui."
Alcaldía del Ayuntamiento de TuiDIR3 L01360558
Otras
Resolución da Alcaldía de 22/11/2018, que entre outros aspectos, resolve: ".../... PRIMEIRO.- Xustificar a celebración do contrato polos seguintes motivos: Necesidade a satisfacer: A contratación proxectada pretende satisfacer a necesidade de acondicionar a parcela da Escola Infantil sita en rúa Casal Aboy nº 11, que conta cun patio de xogos sen acondicionar e con múltiples problemas derivados da evacuación de augas. As intervencións a realizar consistirán no axardinamento da zona a intervir mediante un movemento de terras previo, acondicionamento do rego, drenaxe e viabilidade das especies arbóreas existentes e plantexadas así como a desmontaxe e recolocación dos xogos infantís existentes. En base ao convenio subscrito por este Concello co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar de data 27 de decembro de 2013, establécese que o Concello asumirá os custos derivados do mantemento xeral do edificio e dos seus exteriores e en concreto o mantemento de exteriores, axardinamentos e outros elementos integrados na estrutura do proxecto técnico do centro. Dacordo co exposto, enténdese xustificada a idoneidade do obxecto e contido do contrato para satisfacer as necesidades expostas, en cumprimento do disposto no artigo 28 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, así como que o investimento que se pretende realizar enmarcase no cumprimento e realización dos fins institucionais do Concello, vista a competencia que a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local contempla no seu artigo 25.1.n) que outorga como competencia propia dos municipios a conservación, mantemento e vixiancia dos edificios de titularidade local destinados a centros públicos de educación infantil, educación primaria o de educación especial. Considerar que o procedemento de contrato menor é o máis axeitado e eficiente para a finalidade que se pretende, data a natureza da obra a realizar e sendo o valor estimado inferior a 40.000 euros. Considerar acreditado o cumprimento dos límites a que se refire o art. 118.3 da LCSP, dacordo co sinalado na parte expositiva da presente resolución. .../..."
Adjudicación
Datos administrativos
Económico
- Presupuesto base
- 14.781,00 €
- Presupuesto total
- 17.993,91 €
Plazos
- Publicación
- 22 nov 2018
Ubicación
- NUTS
- ES
Clasificación
- CPV principal
- 45236230Trabajos de explanación de jardines
- Procedimiento
- Abierto simplificado abreviado
- Fuente
- PLACSP
Requisitos del pliego
Solvencia económica y técnica, clasificación y certificaciones exigidas, resumidas del pliego.
Regístrate para ver los requisitos